Un lugar máxico para campamentos, cursos e retiros, inmerso nos elementos do salvaxe e virxe noroeste de España
Que fará 4Elements Galicia para ti?
Amor duradeiro polos idiomas
Os mozos e mozas aprenden uns doutros, asocian o español/inglés con bos momentos e iso establece unha base para toda a vida sobre a que construír o seu idioma. Unha vez que lles gusta, xa non hai volta atrás.
Facemos que a aprendizaxe de idiomas sexa relevante
A nosa experiencia nos campamentos fai que os idiomas sexan algo real, e non algo abstracto que se aprende nun libro de texto, nunha aula ou nunha película. A mocidade aprende a ver o útil que é realmente comprender, mirar o contexto, escoitar e conectar, é, á vez, a expresarse utilizando todas as ferramentas que teñen no seu repertorio: a mímica, o humor, a expresión a través de obxectos, utilizando a gramática que teñen, o vocabulario que teñen, e construíndo sobre iso porque queren compartir a súa experiencia cos seus compañeiros e compañeiras.
Dámoslle a volta á aprendizaxe
Un problema establecido, como intentar aprender inglés ou español na aula, de súpeto convértese en algo totalmente diferente. Os mozos e mozas atópanse cara a cara con persoas coma elas, pero diferentes. Isto é estimulante e refrescante, séntense seguros e desafiados á vez, o que crea un contorno incrible para a aprendizaxe.
“Aprender outro idioma non é só aprender palabras diferentes para as mesmas cousas, senón aprender outra forma de pensar sobre as cousas”.
Flora Lewis, xornalista internacional
En 4Elements Galicia os mozos e as mozas convértense en parte da súa propia aventura, crecendo en confianza e entusiasmo.
Os catro elementos
A nosa metodoloxía proporciona situacións, case sempre centradas nos catro elementos da natureza: a TERRA, sólida e nutritiva; a AUGA, fluída e brincadora; o AIRE, fresco e limpo, e o LUME, cálido e alentador. Estes elementos constitúen unha base incrible para a aprendizaxe dado que proporciona estabilidade e, ao mesmo tempo, asombro. Cando alguén sae de 4Elements Galicia, leva consigo esa conexión á súa vida cotiá.
“Leva o alumno á natureza, ensínao nos outeiros e nos vales. Alí escoitarán mellor, e a sensación de liberdade daralles máis forza para superar as dificultades”.
J.H.Pestalozzi, pedagogo e reformador educativo
Quero máis información!
Que ofrece 4Elements Galicia?
Campamentos de verán
Organizamos campamentos de verán de inmersión lingüística residenciais e non residenciais para mozos e mozas nacionais e internacionais de 4 a 16 anos
Inglés no bosque
Sesións semanais, extra-escolares de inglés no bosque para rapazada de 4 a 12 anos.
Campamentos curso escolar
Campamentos residenciais de inmersión en inglés. Fins de semana e festivos durante o curso escolar para mozos e mozas nacionais e internacionais de 8 a 16 anos
Viaxes escolares
Viaxes escolares innovadoras e cativadoras, campamento de día e residencial