CAMPAMENTOS DE VERÁN

Potencie a viaxe de aprendizaxe do seu fillo/da súa filla: 4elements galicia ofrece as mellores experiencias ao aire libre fusionando idiomas e natureza

Como funcionan?

Unha idea sinxela pero moi eficaz. A mocidade aprende idiomas da forma máis natural posible: como se estivesen de intercambio cunha familia ou nunha situación de inmersión lingüística. Durante 24 horas ao día están con compañeiros e compañeiras que son falantes nativos e nativas da lingua meta.

“O inglés de 4Elements é mellor porque aprendes toda a semana a través de actividades e convivindo con xente inglesa… sen dúbida significa que aprendes máis e mellor”.

 

Lucia Luaces 14 anos, Santiago de Compostela

Nós, como persoas organizadoras do campamento, guiamos os participantes e as participantes mediante actividades coidadosamente pensadas e ben programadas, dando á aprendizaxe do idioma un contexto adecuado. Este enfoque activo non permite que o alumnado se sinta cohibido e se encerre en si mesmo, senón que dá lugar a que as persoas participantes se encontren nunha situación real, utilizando de forma natural as súas habilidades lingüísticas porque así o desexan.

Por que funcionan?

Centrámonos no dominio da comunicación e nunha actitude positiva cara a aprendizaxe de idiomas. Este enfoque, na nosa estimulante contorna, inspira os mozos e as mozas a adquirir con confianza a súa segunda lingua.

Non buscamos a perfección, só queremos que o pasen ben e que transmitan as súas ideas. Así é como sabemos que se aprende un idioma: partindo cada día dos coñecementos que xa teñen.

 

“Hoxe en día, a lingua non é unha arte que haxa que dominar. É só unha ferramenta que hai que utilizar para obter un resultado”

 

Marianna Pascal, experta canadense en comunicación intercultural

 

A nosa metodoloxía funciona en réxime residencial. Mesturamos mozos e mozas de fala española e inglesa de idades semellantes e todo o grupo come, dorme, xoga e aprende estando xuntos, nos cuartos mestúranse as nacionalidades. As conversas á hora de durmir adoitan ser as máis activas e xoviais. Todas as actividades do día están almacenadas e listas para compartir cos compañeiros e coas compañeiras a través de divertidas anécdotas e xogos. O comportamento é relaxado e despreocupado.

Clases de idiomas

Só nas clases de idiomas se separan as persoas participantes de fala española e as de fala inglesa.

’O profesor de español era incrible e axudoume coa miña pronunciación e recoméndoo encarecidamente ás persoas que están loitando co inglés ou co español.”

William M. 15 anos, Vigo, España

O foco está nas actividades do día seguinte e no contexto do campamento. Fixámonos en como e que poden necesitar para comunicarse ese día. O tempo de clase en interior redúcese ao mínimo, cando é posible as clases lévanse ao exterior e póñense en práctica con xogos e actividades de rol como teatro, retos prácticos, estudo da natureza ou peticións específicas do grupo.

Cada curso está feito á medida, consideramos o grupo de idade de cada campamento e os seus requisitos físicos para encontrar o equilibrio entre traballo e xogo.

William M. (2)
O monitor deunos tempo para facer os nosos propios proxectos, por exemplo, un compañeiro e mais eu que fixemos xeado desde cero

William M 15 años
Vigo, España
O monitor deunos tempo para facer os nosos propios proxectos, por exemplo, un compañeiro e mais eu que fixemos xeado desde cero
William M. (2)
William M 15 años
Vigo, España

Comida

A comida tamén é importante xa que ofrece ao grupo a oportunidade de reunirse e compartir as experiencias do día. Animamos a mocidade a axudar na preparación das comidas, poñendo e decorando a mesa e engadindo as súas propias especialidades familiares. O catering corre por conta dun chef local que utiliza produtos da zona. A nosa panadería está ao outro lado do río, un lugar luminoso e alegre onde ás veces a mocidade recolle as súas barras de pan

Programa diario

Actividades in situ

Cada día componse dunha variedade de actividades in situ: actividade de movemento: ioga / mindfulness / ximnasia no bosque

Unha actividade fóra das instalación

Piragüismo fluvial ou surf con xogos de praia, pesca, ecoloxía, peticións persoais na reserva

Clase de idiomas

Unha clase de idiomas de dúas horas

Tempo de grupo

Xogos e traballo por proxectos

Tempo libre

Sesións de tempo libre durante todo o día: no campamento, na praia, no bosque

Tempo de comida

Tres comidas ao día ademais de merendas a media mañá e pola tarde

Tempo no cuarto

Para relaxarse, ler, charlar e asearse.

E, por suposto... durmir!

Ao final de cada semana de campamento hai unha presentación/espectáculo na que os mozos e as mozas traballarán durante toda a semana.

Cada semana hai unha excursión de todo o día fóra do campamento. Adoita consistir en percorrer un tramo do Camiño de Santiago ou en subir a unha montaña local e baixar á praia para xogar ao crícket.

Maria Guerreiro
"O noso fillo de 10 anos participou nun campamento de 4Elements Galicia o ano pasado e a experiencia foi incrible. É un programa moi completo porque os nenos e as nenas aprenden moito inglés sen decatarse, fan amizades doutras culturas, viven aventuras no bosque, fan surf, sendeirismo, acampada ... cada día é diferente para eles e elas. Foméntase a súa autonomía e o traballo en equipo e saen do campamento como se viñesen de pasar unha temporada no Reino Unido. É un luxo poder acceder a unha inmersión total en inglés sen ter que saír de Galicia. Abofé que repetiremos este ano!" .,
Maria Guerreiro
Nai dun neno de 10 anos, Santiago de Compostela, España
"O noso fillo de 10 anos participou nun campamento de 4Elements Galicia o ano pasado e a experiencia foi incrible. É un programa moi completo porque os nenos e as nenas aprenden moito inglés sen decatarse, fan amizades doutras culturas, viven aventuras no bosque, fan surf, sendeirismo, acampada... cada día é diferente para eles e elas. Foméntase a súa autonomía e o traballo en equipo e saen do campamento como se viñesen de pasar unha temporada no Reino Unido. É un luxo poder acceder a unha inmersión total en inglés sen ter que saír de Galicia. Abofé que repetiremos este ano!".,
Maria Guerreiro
Maria Guerreiro
Nai dun neno de 10 anos, Santiago de Compostela, España

“Os cuartos son moi bonitos, a comida é boa… Coñecín moita xente agradable”.

 

Harvey C., 15 anos, Academia King Edward VII, Kings Lynn, Reino Unido

Quero máis información!