COLEXIOS E INSTITUTOS

A recensión dun profesor explica perfectamente o noso traballo:

Viaxe escolar a 4Elements cun grupo de 1º da ESO (12/13 anos) xaneiro 2022

4Elements-colegios-e-institutos-4
4Elements-colegios-e-institutos-2
4Elements-colegios-e-institutos-1
4Elements-colegios-e-institutos-3

“4 ELEMENTS GALICIA”, con sede nunha aldea de Muxía, proporciona unha nova pedagoxía de aprendizaxe innovadora en inglés ao aire libre, no bosque e en contacto coa natureza.

Segundo as súas palabras “A aprendizaxe realízase de forma inconsciente e natural nunha contorna salvaxe que favorece a reflexión”.

Un lugar marabilloso rodeado de natureza en estado puro, onde se poden desenvolver todo tipo de actividades, campamentos de verán, estancias e actividades de fin de semana, etc.

A nosa directora e profesora de inglés, Pilar Mirón, organizou esta actividade como unha forma ideal de preparar o alumnado para o programa de intercambio escolar “EDUEXCHANGES”, unha iniciativa da Xunta de Galicia e a Unión Europea.

Paseamos polo bosque e polo río Castro, visitamos un antigo muíño de auga e aprendemos como vivían e comían os nosos avós, os cultivos de trigo e millo que se sementaban e a fariña coa que se facía o pan. Competimos con “birlos de madeira” e “estornela” e elaboramos deliciosas pizzas en fornos tradicionais de adobe, dando conta detallada dos ingredientes. TODO EN INGLÉS. Unha auténtica convivencia con Frank e Lalo, os guías e persoas detrás da proposta. Un verdadeiro luxo”.

David Creus Andrade,profesor de artes creativas e xefe de departamento de Actividades Extraescolares e Complementarias

IES Ramón Caamaño, Muxía, A Coruña

As nosas instalacións

Ampla terraza cuberta

Aula principal grande

2ª aula grande con soportal

Xardín paisaxístico e bosque (10.000 m2)

Árbores froiteiras

Horta

Estanque

Forno de pizza de leña

Gran soportal para os días de chuvia

Obradoiros para actividades

Espazos ao aire libre e arboredo

Paseo xunto o río

As nosas actividades e obradoiros

Ecoloxía: minisafari de insectos, estudo da vida nos estanques, hábitats e plantas

Bushcraft: como facer un campamento, uso correcto das ferramentas, uso e respecto do lume, técnicas de supervivencia

Cociña ao aire libre

Creatividade coa natureza

Circuítos deportivos no bosque

Contacontos na fogueira

Carpintería, traballos en pedra, esculturas de barro

Busca do tesouro na natureza

Opción extra: surf e/ou piragüismo

Excursións dun día

Día completo, de 10 h a 18 h

Medio día, de 10 h a 14 h

Grupos de 30 mozos e mozas como máximo, de 6 a 16 anos.

A mocidade divídese en grupos de 10 participantes como máximo e altérnanse por quendas ao longo do día nas diferentes “estacións de traballo”.

Todas as actividades se realizan en inglés.

Un monitor ou unha monitora nativos ou bilingües por cada 10 mozos

Actividades adaptadas á idade de cada grupo.

Viaxes escolares con noite incluída

Chegada, a partir das 16 h

Saída antes das 12 h

Pensión completa (almorzo, xantar e cea incluídos)

Prezos por estudante

Medio día con merenda incluída

28€

Día completo con merenda e xantar incluídos

48€

1 noite

88€

2 noites

158€

3 noites

228€

4 noites

298€

Quero máis información!