Escola Bosque de Verán
Xoga, explora e aprende!
En galego, en inglés, en castelán... na natureza.
Este xullo, invitamos aos nenos e nenas de 4 a 8 anos a pasar o seu verán inmersos na natureza no noso Campamento de Verán triilingüe.
A nosa Escola Bosque ofrece Campamentos de Verán que se desenvolven en bloques de 1 semana (luns a venres, 10:00-17:00), e as familias poden elixir que o seu fillo/a se una a nós dende unha ata catro semanas.
Cada semana ten a súa propia temática, inspirando as nosas actividades, historias e creacións. Por exemplo:
Paus e Pedras – explorando o bosque con manualidades naturais, xogos, e o “Home Pau” de Julia Donaldson como a nosa historia guía.
A Eiruga Moi Lambona – adentrándonos ao conto clásico dende o arte, o xogo e o noso obradoiro de teatro, onde os nenos preparan unha pequena posta en escena para compartir ao final da semana.
Sexa o tema que sexa, os nenos poderan desfrutar dunha variedade de actividades de bosque-escola e bushcraft: acender lume, uso de ferramentas, construción de refuxios, esculpido de madeira, traballos manuais con elementos naturais, cancións, cociña ao aire libre e moito xogo libre e exploración.
Inclúese cada día un xantar cociñado localmente e desfrutado xuntos no bosque, recollidos arredor das nosas mesas de picnic de madeira de castiñeiro feitas a man. Tamén damos merendas de media mañá e tarde. Compartir o almorzo na natureza é un momento de gozo, de conexión, de risos e descanso.
Como funciona a nosa Escola Bosque de Verán?
- A metodoloxía das Escolas Bosque e as actividades de Bushcraft espertan o entusiasmo por aprender o inglés.
- Para eles non hai diferenza entre explorar a natureza e aprender inglés.
- Teñen a oportunidade de utilizar o idioma de forma significativa e activa. Fan o que aprenden.
- Seguindo un fío condutor, cada sesión ten o seu tema, enlazando así coa anterior.
- Cada sesión ten un obxectivo de aprendizaxe lingüística que permite aos nenos producir unha nova linguaxe.
- Os nenos adoitan levar consigo para a casa traballos feitos á man para que o seu entusiasmo e a súa aprendizaxe continúen.
Facemos un traballo de acompañamento individual, potenciando o desenvolvemento holístico das rapazas e rapaces así como o seu achegamento ao grupo.Pechamos cada sesión falando do que descobrimos e experimentamos.
Unha viaxe lingüistica
Un dos aspectos máis especiais da nosa Escola Bosque de Verán é o seu entorno lingüístico. Os nenos e nenas de fala inglesa, castelán e galega, aprenden e xogan xuntos, apoiados por monitores bilingües e trilingües. A estas idades tan novas, a inmersión natural fai que a aprendizaxe de idiomas sexa sen custo; a través de cancións, xogos e amizades, os nenos decátanse da maxia da comunicación a través das culturas.
Gozan e aprenden!
Gozar de días enteiros en plena natureza ofrece aos cativos a oportunidade de moverse, explorar e desenvolverse á súa bola, cada un co seu tempo.
A nosa escola bosque de verán ofrece:
– desenvolvendo habilidades prácticas con ferramentas auténticas e elementos da natureza.
– construíndo capacidades de resolución de problemas, probando novos retos e celebrando cada logro.
– coñecendo o bosque como un espazo que merece respecto, coidado e do que formar parte.
– inventando contos, obras de arte e representacións cos paus, pedras e follas do bosque.
– facendo piña, compartindo o almorzo e construíndo amizades ao abeiro do bosque.
Aprender ao aire libre ten numerosos beneficios:
- Mellora a saúde e o benestar a longo prazo
- Desenvolve aptitudes transferibles como a comunicación e o traballo en equipo
- Mellora a concentración e fomenta unha actitude positiva cara á aprendizaxe.
- Axuda os alumnos a desenvolver competencias emocionais, que son esenciais para o éxito en todos os ámbitos da vida
“Vimos como os nenos pequenos se poñían alegremente as botas de auga e os chubasqueiros e se dirixían ao exterior… batuxando nas pozas, recollendo flores, xuntando paus… tal e como lles gusta facer aos nenos. Mesturamos isto con orientación e instrución en inglés…e naceu o método… English Forest School”
Que é o Bushcraft nunha escola bosque?
Nas xornadas de verán no monte, empregamos técnicas de Bushcraft para involucrar os rapaces máis grandes. O Bushcraft é a arte de sacarlle partido ao medio natural para cubrir as necesidades básicas do ser humano: refuxio, alimento e auga. Os nenos de 8 a 12 anos adoitan quedar prendados coa idea da «supervivencia» e coa oportunidade de dominar novas habilidades que os fagan máis independentes (sempre baixo a ollada dun adulto).
As prácticas de Bushcraft comprenden acender lume e guisar en plena natureza, levantar refuxios e traballar con ferramentas. Incorporando o Bushcraft ás nosas sesións e campamentos de verán no bosque, ofrecemos aos estudantes maiores unha vivencia singular e de gran valor que recordarán toda a vida.
Os nosos grupos sempre son pequenos, gardando unha ratio adulto-rapaz que nunca descende de 1:6, garantindo que cada criatura reciba acompañamento, se sinta protexida e poida medrar con liberdade.
En 4 Elements Galicia temos a convicción de que o bosque é a mellor escola. Os nosos campamentos brindan aos cativos a oportunidade de parar o ritmo, respirar a fondo e gozar o verán como ten que ser: en plena natureza, con curiosidade, falando diferentes idiomas e marabillados.