PREGUNTAS FRECUENTES
Sobre nós
4Elements Galicia é un lugar onde os mozos e as mozas aprenden idiomas na natureza.
Organizamos campamentos e sesións de idiomas residenciais e non residenciais para mozos e mozas de todas as nacionalidades e orixes con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
Fomentamos a aprendizaxe de idiomas en estado de fluxo a través de actividades ao aire libre e na natureza. Combinamos a actividade de inmersión coa adquisición de linguas estranxeiras.
Non todos os nosos produtos son mixtos español-inglés ao 50%. Ás veces organizamos campamentos ou sesións con mozos e mozas dunha soa nacionalidade: todas as persoas participantes ben de fala inglesa ou ben de fala española. En todos os casos, o noso grupo de instrutores e monitores é falante nativo da lingua meta e as súas instrucións sobre a actividade crean un ambiente de lingua estranxeira ou de inmersión lingüística.
Francis Heybrook e Diana Díaz, un matrimonio procedente do Reino Unido con ampla experiencia no ensino de linguas. Ambos coa misión de facer que a aprendizaxe de idiomas sexa emocionante, eficaz e non forzada; e de impulsar, ao mesmo tempo, unha nova xeración conectada coa natureza e interesada en coidar o noso planeta.
Facer que a aprendizaxe de idiomas sexa emocionante, eficaz e non forzada; e de impulsar, ao mesmo tempo, unha nova xeración conectada coa natureza e interesada en coidar o noso planeta. Para máis detalles, visite a páxina de Filosofía
Tiñamos o soño de encontrar un lugar natural e tranquilo, e Galicia, sen dúbida, encaixa nesa parte. O pai de Diana é galego e nós tiñamos pasado veráns aquí e namorámonos do lugar, da xente, da incrible comida… así que foi unha mestura de instinto, de elixir o que nos parecía ben e tamén de saber que un lugar como Galicia é un lugar especial neste mundo cada vez máis complicado e atarefado.
Os nosos instrutores e as nosas instrutoras son educadores experimentados e cualificados. Traballamos con profesores e profesoras de inglés/español titulados e/ou instrutores e instrutoras con formación de bosque escola. Os instrutores e as instrutoras contan co apoio de monitores e monitoras maiores de 18 anos, con titulación equivalente a un nivel de bacharel en España, con experiencia no traballo con xente moza e que completaron o programa de formación de 4Elements Galicia, que inclúe primeiros auxilios, formación en intelixencia emocional, Bushcraft ou Bosque escola nivel 1. Polo menos un monitor ou unha monitora de cada campamento terá a titulación de socorrista acuático en augas libres.
4Elements Galicia atópase no noroeste de España, nun val fluvial orientado cara ao sur con carballeiras autóctonas e beleza natural, o que o converte no escenario perfecto para actividades ao aire libre. Ofrecemos aloxamento para 20 persoas en cuartos con liteiras e cuartos de baño con ducha. As instalacións inclúen unha gran sala común, unha cociña totalmente equipada, un gran soportal con xogos, un estudo independente, unha bañeira de hidromasaxe de leña, un estanque, unha fogueira, un asador e espazos ao aire libre. A propiedade está construída con materiais, illamento e fontes de enerxía ecolóxicos, e atópase a 15 minutos en coche da costa e das praias. Máis información na nosa páxina de Instalacións.
Os nosos campamentos
Os campamentos de verán residenciais son a nosa oferta principal. Mesturamos mozos e mozas de fala española e inglesa en condicións residenciais. Organizamos un campamento para adolescentes de 12 a 16 anos. Temos campamentos para mozos e mozas de 8 a 12 anos. Hai unha opción de campamento de día para os rapaces e as rapazas que viven ou pasan o verán na zona
Facémolo, aínda que non é residencial, normalmente realízase de 10 h a14 h nas semanas inmediatamente posteriores ao comezo das vacacións de verán de España (entre mediados e finais de xuño). A estes campamentos adoitan asistir nenos e nenas de España.
O noso programa inclúe clases de inglés ou español, educación sobre a natureza e o medio natural e diversas actividades ao aire libre, como sendeirismo, acampada e construción de refuxios. Todas as actividades están dirixidas por instrutores e instrutoras ou monitores e monitoras cualificados e con experiencia.
Os nosos campamentos de verán duran de 1 a 4 semanas, de xuño a agosto.
Só nas clases de idiomas se separa as persoas participantes en falantes de español e falantes de inglés. Durante as actividades e o tempo libre, as nacionalidades están totalmente mesturadas- nos cuartos, na mesa á hora de comer e cando se forman parellas ou se traballa en equipo, xa sexa para proxectos, retos e actividades ou para preparar comidas ou axudar.
O inglés é a lingua de instrución para as persoas nativas de lingua española e o español é a lingua de instrución para as persoas nativas de lingua inglesa. Algunhas instrucións importantes, especialmente as relativas á seguridade, impartiranse na lingua materna dos mozos e das mozas.
Os nosos instrutores e as nosas instrutoras son educadores experimentados e cualificados. Traballamos con profesores e profesoras de inglés/español titulados e/ou instrutores e instrutoras con formación de bosque escola. Os instrutores e as instrutoras contan co apoio de monitores e monitoras maiores de 18 anos, con titulación equivalente a un nivel de bacharel en España, con experiencia no traballo con xente moza e que completaron o programa de formación de 4Elements Galicia, que inclúe primeiros auxilios, formación en intelixencia emocional, Bushcraft ou Bosque escola nivel 1. Polo menos un monitor ou unha monitora de cada campamento terá a titulación de socorrista acuático en augas libres.
Si, tamén organizamos campamentos durante o curso académico, normalmente coincidindo coas vacacións escolares españolas e as pontes.
O prezo para asistir a un dos nosos campamentos varía en función do tipo de campamento. Os prezos abranguen desde 145 euros á semana para campamentos non residenciais, de día, pola mañá, ata 2.490 euros para un campamento residencial de 4 semanas con todo incluído.
Visite a páxina de Campamentos e seleccione o seu campamento para obter información máis detallada sobre prezos.
Si, facemos excursións escolares e saídas de fin de curso. Hai opcións de excursións dunha soa mañá e tamén viaxes dun día completo ou excursións residenciais dunha noite ou máis. Máis información aquí. Por favor, para coñecer como nos podemos adaptar ás súas necesidades.
Si, os nosos campamentos residenciais ofrecen aloxamento cómodo e seguro para toda a xente moza en cuartos compartidos.
Temos 4 cuartos para 18 mozos e mozas e para o monitor ou a monitora que está de noite. Cada cuarto ten duchas e lavabos. Todos dan a un soportal común con vistas ao val. O cuarto destinado ao monitor nocturno ou á monitora nocturna atópase no centro dos tres cuartos de liteiras.
Os cuartos están organizados por xénero e idade. Normalmente é posible facer peticións persoais con antelación, como compartir cuarto cun irmán ou cunha irmá, ou cun amigo ou cunha amiga.
Temos unha serie de actividades in situ. Bushcraft: como facer un campamento, uso correcto de ferramentas, uso e respecto do lume, técnicas de supervivencia. Teatro: escritura de guións, escenografía, teatro. Cociña ao aire libre. Creatividade coa natureza. Actividades de movemento: ioga, mindfulness, ximnasia no bosque. Estudo da ecoloxía: vida no estanque, paxaros, insectos, plantas. Contacontos e composición de cancións a carón da fogueira. Carpintería. Traballo en pedra. Esculturas de arxila. Baño no río (sempre acompañado por monitores ou monitoras). Baño de bosque.
As nosas actividades fóra das instalacións corren por conta de socios da zona: unha escola de piragüismo e outra de surf. Tamén organizamos as nosas propias excursións, visitando praias, percorrendo tramos do Camiño de Santiago e camiñando por montañas e sendeiros locais.
O campamento adoita ser a primeira vez que os mozos e as mozas saen da casa. Ás veces teñen a idade mínima para asistir ao campamento e/ou son principiantes en certas actividades. Outras veces a novidade do campamento pode ser un reto para eles e elas.
Sempre deixamos que a xente moza faga cousas novas ao seu propio ritmo, animándoa a probar cousas novas e axudándoa coas súas decisións.
O noso persoal está formado en benestar emocional e será sensible ás necesidades de cada participante. Trataremos de encontrar solucións a cada reto, xa sexa moderando o nivel ou ofrecendo unha alternativa. Tamén recoñecemos que o valor fundamental dun campamento de verán está na participación en novas experiencias, polo que animaremos e acompañaremos aos mozos e ás mozas a aventurarse fóra da súa zona de confort. Nestes momentos é onde realmente aprenden.
Si que pode. Na actividade de surf, por exemplo, quen non queira ou non poida participar, por calquera motivo, seralle asignado un monitor ou unha monitora para practicar bodyboard na beira do mar ou organizaranse xogos de praia como crícket e fútbol, busca en piscinas de rochas, arte con cunchas, papaventos, pesca, castelos de area, etc.
A praia na que practicamos surf, Praia de Nemiña, é unha praia moi boa para que os mozos e as mozas principiantes empecen se queren. Ten ondas regulares e a area é suavemente ondulada para que todo o mundo poida “encontrar a súa profundidade”, mesmo se isto significa pasar un anaco cos monitores e coas monitoras do campamento que estarán na praia mentres os instrutores e as instrutoras de surf están na auga.
As sesións de piragüismo desenvólvense nun curto tramo de auga de corrente moi lenta, a taxa de monitores e monitoras aumenta para esta actividade e proporciónanse chalecos salvavidas para todas as persoas participantes. Temos comprobado que os mozos e as mozas que teñen un nivel baixo de natación se senten cómodos e cómodas participando nesta actividade. Hai unha gran zona recreativa perfecta para xogos ou ioga, fermosas paisaxes para pintar e carballeiras para estudar se alguén prefire non facer piragüismo. Sempre se asignará un monitor ou unha monitora ós mozos e ás mozas que non participen nos deportes acuáticos.
En ningún caso se sentirá excluído ou excluída por non participar nunha actividade de grupo. Acompañaremos e ofreceremos alternativas atractivas a estas persoas
En 4Elements Galicia a seguridade e o benestar de todos os mozos e todas as mozas é de suma importancia. Para manter un ambiente seguro e positivo, facemos fincapé na importancia de promover o bo comportamento e proporcionar instrucións claras tanto para o persoal como para a xente moza. A nosa política de comportamento describe o que se considera un comportamento aceptable e as medidas que se tomarán en caso de comportamento inaceptable. O obxectivo desta política é promover un ambiente positivo e respectuoso para a totalidade dos participantes no campamento, onde se espera que todos os mozos e todas as mozas e mais os membros do persoal manteñan estas normas.
Aquí ten información xeral sobre como se adoita xestionar a disciplina en 4Elements Galicia:
- Establecemos normas e expectativas claras: unhas normas e expectativas claramente definidas axudan a establecer o ton do campamento/sesión e proporcionan un marco sobre como debe xestionarse o comportamento. Estas normas comunícanse aos mozos e ás mozas e ás súas familias antes do comezo do campamento.
- Aplicamos as normas con coherencia: a aplicación coherente das normas contribúe a manter unha contorna segura e respectuosa. Isto inclúe abordar calquera comportamento inadecuado con prontitude e xustiza.
- Practicamos o reforzo positivo: fomentar o comportamento positivo mediante recompensas e recoñecemento pode axudar a promover unha cultura positiva do campamento/sesión.
- Expectativas adecuadas á idade: recoñecemos que os distintos grupos de idade requiren enfoques disciplinarios diferentes. Por exemplo, os máis cativos e as máis cativas poden responder mellor ao reforzo positivo, mentres que os maiores e as maiores poden necesitar máis estrutura e límites.
- Sabemos que a comunicación eficaz é moi importante: promovemos a comunicación aberta entre o persoal do campamento/sesión, os mozos e as mozas e as familias para axudar a resolver conflitos e manter un ambiente positivo no campamento/sesión.
- Formación para o persoal: 4Elements Galicia proporciona formación para o persoal do campamento/sesión de Inglés no bosque que cobre técnicas apropiadas de disciplina positiva para axudar a asegurar que a experiencia do campamento sexa segura, positiva e agradable para todas as persoas participantes.
Recoñecemos que a disciplina debe ser de apoio e educativa, no canto de centrarse no castigo. O obxectivo é axudar a xente moza a aprender e crecer, garantindo ao mesmo tempo unha contorna segura e agradable para todos e todas.
Nos campamentos residenciais ofrecemos tres comidas completas, ademais de merendas a media mañá e pola tarde.
En 4Elements Galicia as comidas son importantes: abastecémonos de produtos locais de alta calidade e o noso catering está a cargo dun chef da zona que proporciona un menú variado e equilibrado.
A comida sempre é un tema de conversa con novos sabores e receitas, e á hora de comer ofrece ao grupo a oportunidade de reunirse e compartir as súas experiencias. Animamos os mozos e as mozas a que axuden a preparar as comidas, a poñer e decorar a mesa e a engadir as súas propias especialidades familiares.
As dietas especiais non supoñen ningún problema. Antes do campamento enviamos unha serie de documentos informativos co Pack de benvida, no que se poden cubrir os requisitos dietéticos específicos.
En 4Elements Galicia temos o compromiso de proporcionar unha experiencia de aprendizaxe inclusiva para a totalidade de participantes, independentemente da súa orixe ou situación. As nosas instalacións están deseñadas pensando na accesibilidade, polo que os cuartos, aulas e salas de estar están no mesmo andar, con acceso a nivel da rúa para maior comodidade.
Non obstante, algunhas das nosas actividades in situ adoitan ter lugar nos bosques e no val, que poden non ser doadamente accesibles para todo o mundo. As nosas actividades fóra das instalacións inclúen sendeirismo, natación, piragüismo e surf.
Se ten algunha discapacidade específica que queira consultar, póñase en contacto connosco e estaremos encantados de atendelo o mellor posible. Tamén pode programar unha videochamada ou unha reunión in situ para ver as nosas instalacións e obter máis información sobre as nosas actividades.
A entrada realízase o primeiro día de campamento entre as 16 h e as 19 h. A saída realízase o último día do campamento entre as 11 h e as 13 h. Enviaremos unha serie de documentos informativos -Pack de benvida-, con suficiente antelación, que conterá toda a información necesaria como, por exemplo, que levar na maleta, como chegar ás instalacións e onde aparcar o coche.
Si, pode. Adoitamos facer un post diario nos campamentos e unha ou dúas veces á semana nas sesión de Inglés no bosque, que publicamos tanto na nosa páxina de Instagram www.instagram.com/4elementsgalicia como na nosa páxina de Facebook www.facebook.com/4elementsgalicia.
Recomendamos que traian algo de cartos para certas excursións, por se queren comprar algún recordo ou un xeado. Todos os moedeiros e os cartos se gardan de forma segura na oficina de 4Elements Galicia e facilítanse cando é necesario.
Encántannos os motivos de celebración! Os aniversarios son acontecementos divertidos e perfectos para ser celebrados no campamento ou nunha sesión de Inglés no bosque. Quizais alguén se ofreza para facer unha torta, ou quizais o celebremos doutra maneira. Se hai torta, asegurarémonos de que haxa alternativa para calquera requisito dietético. Por suposto, se queren que sexa algo sinxelo, ou mesmo non celebralo, tamén está ben.
Se consideramos que a situación é grave, poñémonos en contacto coa familia o antes posible. Decidimos se o mozo ou a moza debe abandonar o campamento para reunirse coa súa familia cando sexa posible ou, en caso contrario, tomamos a decisión de acudir ao hospital ou de tomar medidas especiais para o seu coidado en 4Elements Galicia. O mozo ou a moza sempre estará na compaña dun monitor ou dunha monitora.
A seguridade dos mozos e das mozas é de suma importancia para nós. Durante o proceso de inscrición, todas as persoas participantes deben cubrir un formulario coa súa información persoal e médica. Cada monitor ou monitora ten á man os expedientes persoais. Os monitores e as monitoras están en constante comunicación co director do campamento/sesión de Inglés no bosque e avisarano inmediatamente en caso de enfermidade ou accidente.
O director do campamento/sesión de Inglés no bosque está autorizado a tomar as medidas oportunas en función da gravidade da situación e notificarao á familia o antes posible. 4Elements Galicia conta cunha caixa de primeiros auxilios ben equipada e persoal capacitado para administrar axuda en caso necesario. Ademais, temos acceso as 24 horas a un vehículo de apoio e un hospital nas proximidades que está a 10 minutos en coche.
Tan pronto como sexa posible arquivamos un formulario de incidentes para minimizar a probabilidade de que se produzan incidentes no futuro e, se é necesario, seguiremos comunicándonos co mozo ou coa moza e cos seus familiares ata que a situación se estabilice.
- Primeiro contacto consulta sobre dispoñibilidade.
- Respondemos confirmando dispoñibilidade e enviamos enlace para formalizar a praza.
- Asegúrase a praza e formalízase mediante o pago do primeiro 50%, o envío de máis datos sobre a persoa participante, das autorizacións debidamente cubertas e a aceptación das condicións do campamento.
- Confírmase a praza.
- Con suficiente antelación ao primeiro día do campamento, envíase unha serie de documentos informativos: Pack de benvida. Aquí proporciónase unha lista detallada de información sobre que levar na maleta, como chegar ao campamento, etc., para que as familias poidan prepararse para o campamento.
O uso de teléfonos móbiles está restrinxido durante o campamento e os mozos e as mozas deben entregar os seus teléfonos no momento da chegada. Só terán acceso aos seus teléfonos durante as horas designadas para fins de comunicación. En caso de emerxencia, pode poñerse en contacto co director do campamento, quen o poñerá en contacto co seu fillo ou coa súa filla.
As nosas instalacións están situadas nun fermoso val fluvial no bosque, a minutos en tres direccións da costa. A nosa contorna proporciona un ambiente natural e sereno para a aprendizaxe e o xogo. Pode atopar máis detalles sobre como encontrarnos na nosa páxina de Contacto
A maioría procede de España, EUA, Irlanda, Reino Unido, América do Sur e outros países europeos. Acollemos persoas de todos os países, independentemente da súa lingua materna.
Si, cada campamento terá polo menos un monitor e unha monitora.
Ao inscribir o seu fillo ou a súa filla nun programa, pediráselle que cubra un formulario que inclúa detalles sobre calquera afección médica que poida padecer. Se o seu fillo ou a súa filla necesita medicación mentres está nun campamento ou sesión de Inglés no bosque, asegúrese de que cubriu o formulario correspondente dos documentos informativos: Pack de benvida. Estes documentos enviaranse a todas as persoas participantes inscritas con bastante antelación e neles explicarase como podemos garantir que o seu fillo ou a súa filla reciba a atención adecuada durante a súa estancia no campamento/sesión de Inglés no bosque.
Non hai data límite de inscrición. As solicitudes aceptaranse por orde de chegada.
Ten a opción de facer un pago completo no momento da inscrición ou pagar só a cantidade do depósito.
Requírese o pago completo antes do 1 de xuño.
Non. Preferimos o pago mediante transferencia bancaria IBAN. Non aceptamos pagos en efectivo a menos que se acorde con antelación. Recibir pagos en efectivo ao comezo dos campamentos ou das sesións de Inglés no bosque pode ser confuso e preferimos evitalo.
Lamentablemente, os nosos campamentos non son obxecto de bolsas de estudos, aínda que é algo que estamos valorando. Se quere ofrecer un patrocinio ou falar da súa situación persoal, por favor póñase en contacto connosco
Si, ofrecemos un 10% de desconto para familias con 2 irmáns ou irmás e un 15% de desconto para familias con máis de 3 irmáns ou irmás. Por favor, póñase en contacto connosco para organizalo
Os mozos e as mozas non poden traer lambetadas ou bebidas azucradas ao campamento (bebidas gasosas ou refrescos azucrados, caramelos, gomas de mascar, etc.).
Esta política é necesaria para evitar atraer ratos e formigas aos cuartos, para garantir que os mozos e as mozas coman san e teñan apetito á hora de comer e tamén polo noso limitado espazo de almacenamento.
O tabaco, as bebidas alcohólicas e outras substancias están estritamente prohibidos.
Cámaras (por razóns legais, leis de protección de datos), altofalantes, xogos electrónicos, obxectos punzantes, acendedores ou fósforos tamén están prohibidos.
O espazo nos cuartos é limitado. Por favor, traia só o imprescindible, segundo a lista de cousas que se deben traer que figura na serie de documentos informativos: Pack de benvida. Unha maleta grande e unha mochila de tamaño diario deberían ser suficientes. Se non hai espazo suficiente nos cuartos, as maletas baleiras pódense gardar noutro lugar ata o final do campamento.
Abofé que si, os músicos son benvidos!
Si, para os mozos e as mozas que queden máis dunha semana e para pezas de roupa ocasionais. Os mozos e as mozas deberían traer roupa suficiente para unha semana. Os detalles proporcionaranse na serie de documentos informativos: Pack de benvida.
Todas as nosas instalacións e actividades sométense a unha avaliación de riscos antes de cada visita e ao final de cada xornada.
Durante os campamentos nas horas de sono hai un monitor ou unha monitora a metros de distancia, asegurando a supervisión as 24 horas.
En 4Elements Galicia traballamos con organizacións e individuos totalmente formados e experimentados con excelentes sistemas de xestión da seguridade. Cumpren as directrices de seguridade das autoridades rexionais e nacionais, con formación actualizada en Primeiros Auxilios específica para a actividade e con antecedentes policiais limpos.
O noso Plan de Saúde e Seguridade detallado está dispoñible baixo petición.
A nosa capacidade residencial está limitada a 18 participantes e mais polo menos 3 monitores ou monitoras.
Para algúns mozos ou algunhas mozas, a idea de probar algo novo ou de durmir fóra da casa e estar nunha contorna descoñecida pode ser abafadora e provocarlles sentimentos de inseguridade e medo. Como nai/pai/coidador ou coidadora, é importante darlles apoio e folgos para axudalos a superar estes retos. Explíquelles que, aínda que a transición pode resultar difícil ao principio, decontado se sentirán cómodos e gozarán a experiencia.
É esencial evitar forzar a xente moza a asistir ás sesións ou ao campamento e, no canto diso, saber motivala. Un suave empurrón e ánimos poden ser útiles, mais impoñerlle a decisión de ir, pode resultar contraproducente. Deixe que a persoa moza dea o paso por si mesma e apóiea no camiño.
A idade ideal para asistir por primeira vez a un campamento de verán depende da madurez e do nivel de independencia. Non obstante, adoitamos recomendar empezar cedo, dado que pode axudar no desenvolvemento de habilidades chave como a autonomía e as habilidades sociais.
Nos campamentos residenciais de 4Elements Galicia, a idade recomendada oscila entre os 8 e os 10 anos para empezar. Para quen ten un forte apego á súa nai/pai/coidador ou coidadora, pode ser útil que asistan cun amigo ou cunha amiga ou cun familiar por primeira vez para aumentar a súa sensación de seguridade e diminuír a morriña.
Nos nosos campamentos mantemos unha proporción de monitores por participante que nunca é inferior a 1:8 e que se incrementa en función da actividade.
Si, esiximos que todas as persoas mozas estean cubertas por un seguro médico durante a súa estancia no estranxeiro. Os cidadáns españois e as cidadás españolas poden facilitar os datos da súa Tarxeta Sanitaria Estatal. Para as persoas participantes non españolas, recomendamos que soliciten a Tarxeta Sanitaria Europea (se viaxan desde un país adherido ao convenio) e/ou póliza de seguro privada.
Estas persoas son rigorosamente seleccionadas para atender as esixencias do grupo para os campamentos e para as sesións de Inglés no bosque. Seleccionamos educadores e educadoras e profesionais con experiencia e dedicación ao traballo con xente moza. Todas as persoas teñen formación en educación, ás veces en Montessori, ás veces en ensino de linguas estranxeiras, ás veces en educación ao aire libre, ou ás veces en todo o anterior.
O noso centro conta con todos os permisos necesarios das administracións competentes da Xunta de Galicia, e cumpre a normativa de edificación, seguridade contra incendios, sanitaria e de manipulación de alimentos. Realizamos revisións periódicas dos nosos sistemas de calefacción e calidade da auga.
Dispoñemos das pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes esixidas pola lei e proporcionadas por ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. (parte da compañía alemá de servizos financeiros Allianz SE).
O director do campamento e polo menos outro monitor ou monitora ou outro instrutor ou instrutora terán formación en primeiros auxilios específica para actividades ao aire libre outorgada por ITC FIRST do Reino Unido. Os demais monitores ou monitoras teñen polo menos formación básica en primeiros auxilios.
As actividades de piragüismo e surf son proporcionadas por escolas da zona federadas que contan coas súas propias medidas de seguridade completas, pólizas de seguro e, o máis importante, unha longa e variada experiencia traballando con xente moza local e internacional.
4Elements Galicia atópase a 9 km ou 12 minutos en coche dun gran hospital comarcal situado na localidade de Cee. Os servizos de bombeiros e ambulancias verificaron os nosos terreos e accesos. Na nosa páxina de Contacto ten as coordenadas exactas.
4Elements Galicia atópase no noroeste de España, nun val fluvial orientado cara ao sur con carballeiras autóctonas e beleza natural, o que o converte no escenario perfecto para actividades ao aire libre. Ofrecemos aloxamento para 20 persoas en cuartos con liteiras e cuartos de baño con ducha. As instalacións inclúen unha gran sala común, unha cociña totalmente equipada, un gran soportal con xogos, un estudo independente, unha bañeira de hidromasaxe de leña, un estanque, unha fogueira, un asador e espazos ao aire libre. A propiedade está construída con materiais, illamento e fontes de enerxía ecolóxicos, e atópase a 15 minutos en coche da costa e das praias. Máis información na nosa páxina de Instalacións.
Inglés no bosque
En 4Elements Galicia a seguridade e o benestar de todos os mozos e todas as mozas é de suma importancia. Para manter un ambiente seguro e positivo, facemos fincapé na importancia de promover o bo comportamento e proporcionar instrucións claras tanto para o persoal como para a xente moza. A nosa política de comportamento describe o que se considera un comportamento aceptable e as medidas que se tomarán en caso de comportamento inaceptable. O obxectivo desta política é promover un ambiente positivo e respectuoso para a totalidade dos participantes no campamento, onde se espera que todos os mozos e todas as mozas e mais os membros do persoal manteñan estas normas.
Aquí ten información xeral sobre como se adoita xestionar a disciplina en 4Elements Galicia:
- Establecemos normas e expectativas claras: unhas normas e expectativas claramente definidas axudan a establecer o ton do campamento/sesión e proporcionan un marco sobre como debe xestionarse o comportamento. Estas normas comunícanse aos mozos e ás mozas e ás súas familias antes do comezo do campamento.
- Aplicamos as normas con coherencia: a aplicación coherente das normas contribúe a manter unha contorna segura e respectuosa. Isto inclúe abordar calquera comportamento inadecuado con prontitude e xustiza.
- Practicamos o reforzo positivo: fomentar o comportamento positivo mediante recompensas e recoñecemento pode axudar a promover unha cultura positiva do campamento/sesión.
- Expectativas adecuadas á idade: recoñecemos que os distintos grupos de idade requiren enfoques disciplinarios diferentes. Por exemplo, os máis cativos e as máis cativas poden responder mellor ao reforzo positivo, mentres que os maiores e as maiores poden necesitar máis estrutura e límites.
- Sabemos que a comunicación eficaz é moi importante: promovemos a comunicación aberta entre o persoal do campamento/sesión, os mozos e as mozas e as familias para axudar a resolver conflitos e manter un ambiente positivo no campamento/sesión.
- Formación para o persoal: 4Elements Galicia proporciona formación para o persoal do campamento/sesión de Inglés no bosque que cobre técnicas apropiadas de disciplina positiva para axudar a asegurar que a experiencia do campamento sexa segura, positiva e agradable para todas as persoas participantes.
Recoñecemos que a disciplina debe ser de apoio e educativa, no canto de centrarse no castigo. O obxectivo é axudar a xente moza a aprender e crecer, garantindo ao mesmo tempo unha contorna segura e agradable para todos e todas.
En 4Elements Galicia temos o compromiso de proporcionar unha experiencia de aprendizaxe inclusiva para a totalidade de participantes, independentemente da súa orixe ou situación. As nosas instalacións están deseñadas pensando na accesibilidade, polo que os cuartos, aulas e salas de estar están no mesmo andar, con acceso a nivel da rúa para maior comodidade.
Non obstante, algunhas das nosas actividades in situ adoitan ter lugar nos bosques e no val, que poden non ser doadamente accesibles para todo o mundo. As nosas actividades fóra das instalacións inclúen sendeirismo, natación, piragüismo e surf.
Se ten algunha discapacidade específica que queira consultar, póñase en contacto connosco e estaremos encantados de atendelo o mellor posible. Tamén pode programar unha videochamada ou unha reunión in situ para ver as nosas instalacións e obter máis información sobre as nosas actividades.
Si, pode. Adoitamos facer un post diario nos campamentos e unha ou dúas veces á semana nas sesión de Inglés no bosque, que publicamos tanto na nosa páxina de Instagram www.instagram.com/4elementsgalicia como na nosa páxina de Facebook www.facebook.com/4elementsgalicia.
Encántannos os motivos de celebración! Os aniversarios son acontecementos divertidos e perfectos para ser celebrados no campamento ou nunha sesión de Inglés no bosque. Quizais alguén se ofreza para facer unha torta, ou quizais o celebremos doutra maneira. Se hai torta, asegurarémonos de que haxa alternativa para calquera requisito dietético. Por suposto, se queren que sexa algo sinxelo, ou mesmo non celebralo, tamén está ben.
Se consideramos que a situación é grave, poñémonos en contacto coa familia o antes posible. Decidimos se o mozo ou a moza debe abandonar o campamento para reunirse coa súa familia cando sexa posible ou, en caso contrario, tomamos a decisión de acudir ao hospital ou de tomar medidas especiais para o seu coidado en 4Elements Galicia. O mozo ou a moza sempre estará na compaña dun monitor ou dunha monitora.
A seguridade dos mozos e das mozas é de suma importancia para nós. Durante o proceso de inscrición, todas as persoas participantes deben cubrir un formulario coa súa información persoal e médica. Cada monitor ou monitora ten á man os expedientes persoais. Os monitores e as monitoras están en constante comunicación co director do campamento/sesión de Inglés no bosque e avisarano inmediatamente en caso de enfermidade ou accidente.
O director do campamento/sesión de Inglés no bosque está autorizado a tomar as medidas oportunas en función da gravidade da situación e notificarao á familia o antes posible. 4Elements Galicia conta cunha caixa de primeiros auxilios ben equipada e persoal capacitado para administrar axuda en caso necesario. Ademais, temos acceso as 24 horas a un vehículo de apoio e un hospital nas proximidades que está a 10 minutos en coche.
Tan pronto como sexa posible arquivamos un formulario de incidentes para minimizar a probabilidade de que se produzan incidentes no futuro e, se é necesario, seguiremos comunicándonos co mozo ou coa moza e cos seus familiares ata que a situación se estabilice.
- Primeiro contacto/realizar consulta sobre dispoñibilidade.
- Respondemos confirmando dispoñibilidade e enviamos enlace para formalizar a praza
- Confírmase a praza e formalízase mediante o pago do primeiro mes ou trimestre, envío de máis datos sobre a persoa participante, das autorizacións debidamente cubertas e a aceptación das condicións.
- Confírmase a praza.
Antes da primeira sesión, envíase unha serie de documentos informativos: Pack de benvida. Neste momento recóllense os últimos datos sobre a persoa participante, e proporciónase información detallada sobre a actividade, incluíndo que traer á súa primeira sesión, como chegar ao lugar, etc.
As nosas instalacións están situadas nun fermoso val fluvial no bosque, a minutos en tres direccións da costa. A nosa contorna proporciona un ambiente natural e sereno para a aprendizaxe e o xogo. Pode atopar máis detalles sobre como encontrarnos na nosa páxina de Contacto
Ao inscribir o seu fillo ou a súa filla nun programa, pediráselle que cubra un formulario que inclúa detalles sobre calquera afección médica que poida padecer. Se o seu fillo ou a súa filla necesita medicación mentres está nun campamento ou sesión de Inglés no bosque, asegúrese de que cubriu o formulario correspondente dos documentos informativos: Pack de benvida. Estes documentos enviaranse a todas as persoas participantes inscritas con bastante antelación e neles explicarase como podemos garantir que o seu fillo ou a súa filla reciba a atención adecuada durante a súa estancia no campamento/sesión de Inglés no bosque.
As prazas asegúranse mediante pago por orde de chegada. Polo tanto, recomendámoslle que, en canto reciba a confirmación da praza, complete o proceso de pago para asegurar e formalizar a praza do seu fillo ou da súa filla. Isto faise mediante o pago da matrícula e o pago do primeiro mes ou trimestre.
Non. Preferimos o pago mediante transferencia bancaria IBAN. Non aceptamos pagos en efectivo a menos que se acorde con antelación. Recibir pagos en efectivo ao comezo dos campamentos ou das sesións de Inglés no bosque pode ser confuso e preferimos evitalo.
Lamentablemente, os nosos campamentos non son obxecto de bolsas de estudos, aínda que é algo que estamos valorando. Se quere ofrecer un patrocinio ou falar da súa situación persoal, por favor póñase en contacto connosco
Non se permiten bebidas gasosas ou refrescos azucrados, caramelos, gomas de mascar nin outras lambetadas.
A non ser que os monitores o soliciten previamente, non se recomendan xoguetes, xogos, nin sequera lupas persoais ou prismáticos de campo. En cada sesión proporcionarase todo o material necesario para realizar a actividade e os obxectos alleos xeralmente só serven para distraer os nenos e as nenas.
As escolas bosque xurdiron en Escandinavia na década de 1950 como resposta á perda de oportunidades para que os nenos e as nenas xogasen e aprendesen en contornas naturais debido á urbanización e á industrialización.
Esta metodoloxía consiste en levar a xente moza de visita periódica a unha contorna natural, onde realizan actividades prácticas como construír, explorar e xogar.
As escolas bosque ganaron popularidade no Reino Unido na década de 1990 e desde entón convertéronse nun enfoque educativo ben establecido. Foi recoñecida polos seus numerosos beneficios, como a mellora da saúde física e mental, o aumento da confianza e o desenvolvemento social e emocional.
O enfoque segue crecendo e evolucionando en todo o mundo, ofrecendo á xente moza a oportunidade de conectar coa natureza e experimentar os beneficios da aprendizaxe práctica e experimental ao aire libre.
Todas as nosas instalacións e actividades sométense a unha avaliación de riscos antes de cada visita e ao final de cada xornada.
Durante os campamentos nas horas de sono hai un monitor ou unha monitora a metros de distancia, asegurando a supervisión as 24 horas.
En 4Elements Galicia traballamos con organizacións e individuos totalmente formados e experimentados con excelentes sistemas de xestión da seguridade. Cumpren as directrices de seguridade das autoridades rexionais e nacionais, con formación actualizada en Primeiros Auxilios específica para a actividade e con antecedentes policiais limpos.
O noso Plan de Saúde e Seguridade detallado está dispoñible baixo petición.
A idade ideal para asistir por primeira vez depende da madurez e do nivel de independencia. Non obstante, adoitamos recomendar empezar cedo dado que pode axudar a desenvolver habilidades chave como a autonomía e as habilidades sociais.
Nas sesións de Inglés no bosque de 4Elements Galicia, a idade recomendada para empezar é aos 4 anos. Para quen ten un forte apego á súa nai/pai/coidador ou coidadora, pode ser útil que asista cun amigo ou cunha amiga ou cun familiar por primeira vez para aumentar a súa sensación de seguridade e diminuír a ansiedade.
Nas nosas sesións de Inglés no bosque mantemos unha proporción de monitores ou monitoras por neno ou nena que nunca é inferior a 1:8 e que se incrementa en función da actividade.
Estas persoas son rigorosamente seleccionadas para atender as esixencias do grupo para os campamentos e para as sesións de Inglés no bosque. Seleccionamos educadores e educadoras e profesionais con experiencia e dedicación ao traballo con xente moza. Todas as persoas teñen formación en educación, ás veces en Montessori, ás veces en ensino de linguas estranxeiras, ás veces en educación ao aire libre, ou ás veces en todo o anterior.
O noso centro conta con todos os permisos necesarios das administracións competentes da Xunta de Galicia, e cumpre a normativa de edificación, seguridade contra incendios, sanitaria e de manipulación de alimentos. Realizamos revisións periódicas dos nosos sistemas de calefacción e calidade da auga.
Dispoñemos das pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes esixidas pola lei e proporcionadas por ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. (parte da compañía alemá de servizos financeiros Allianz SE).
O director do campamento e polo menos outro monitor ou monitora ou outro instrutor ou instrutora terán formación en primeiros auxilios específica para actividades ao aire libre outorgada por ITC FIRST do Reino Unido. Os demais monitores ou monitoras teñen polo menos formación básica en primeiros auxilios.
4Elements Galicia atópase a 9 km ou 12 minutos en coche dun gran hospital comarcal situado na localidade de Cee. Os servizos de bombeiros e ambulancias verificaron os nosos terreos e accesos. Na nosa páxina de Contacto ten as coordenadas exactas.
4Elements Galicia atópase no noroeste de España, nun val fluvial orientado cara ao sur con carballeiras autóctonas e beleza natural, o que o converte no escenario perfecto para actividades ao aire libre. Ofrecemos aloxamento para 20 persoas en cuartos con liteiras e cuartos de baño con ducha. As instalacións inclúen unha gran sala común, unha cociña totalmente equipada, un gran soportal con xogos, un estudo independente, unha bañeira de hidromasaxe de leña, un estanque, unha fogueira, un asador e espazos ao aire libre. A propiedade está construída con materiais, illamento e fontes de enerxía ecolóxicos, e atópase a 15 minutos en coche da costa e das praias. Máis información na nosa páxina de Instalacións.
Seguridade
Os nosos instrutores e as nosas instrutoras son educadores experimentados e cualificados. Traballamos con profesores e profesoras de inglés/español titulados e/ou instrutores e instrutoras con formación de bosque escola. Os instrutores e as instrutoras contan co apoio de monitores e monitoras maiores de 18 anos, con titulación equivalente a un nivel de bacharel en España, con experiencia no traballo con xente moza e que completaron o programa de formación de 4Elements Galicia, que inclúe primeiros auxilios, formación en intelixencia emocional, Bushcraft ou Bosque escola nivel 1. Polo menos un monitor ou unha monitora de cada campamento terá a titulación de socorrista acuático en augas libres.
O campamento adoita ser a primeira vez que os mozos e as mozas saen da casa. Ás veces teñen a idade mínima para asistir ao campamento e/ou son principiantes en certas actividades. Outras veces a novidade do campamento pode ser un reto para eles e elas.
Sempre deixamos que a xente moza faga cousas novas ao seu propio ritmo, animándoa a probar cousas novas e axudándoa coas súas decisións.
O noso persoal está formado en benestar emocional e será sensible ás necesidades de cada participante. Trataremos de encontrar solucións a cada reto, xa sexa moderando o nivel ou ofrecendo unha alternativa. Tamén recoñecemos que o valor fundamental dun campamento de verán está na participación en novas experiencias, polo que animaremos e acompañaremos aos mozos e ás mozas a aventurarse fóra da súa zona de confort. Nestes momentos é onde realmente aprenden.
Si que pode. Na actividade de surf, por exemplo, quen non queira ou non poida participar, por calquera motivo, seralle asignado un monitor ou unha monitora para practicar bodyboard na beira do mar ou organizaranse xogos de praia como crícket e fútbol, busca en piscinas de rochas, arte con cunchas, papaventos, pesca, castelos de area, etc.
A praia na que practicamos surf, Praia de Nemiña, é unha praia moi boa para que os mozos e as mozas principiantes empecen se queren. Ten ondas regulares e a area é suavemente ondulada para que todo o mundo poida “encontrar a súa profundidade”, mesmo se isto significa pasar un anaco cos monitores e coas monitoras do campamento que estarán na praia mentres os instrutores e as instrutoras de surf están na auga.
As sesións de piragüismo desenvólvense nun curto tramo de auga de corrente moi lenta, a taxa de monitores e monitoras aumenta para esta actividade e proporciónanse chalecos salvavidas para todas as persoas participantes. Temos comprobado que os mozos e as mozas que teñen un nivel baixo de natación se senten cómodos e cómodas participando nesta actividade. Hai unha gran zona recreativa perfecta para xogos ou ioga, fermosas paisaxes para pintar e carballeiras para estudar se alguén prefire non facer piragüismo. Sempre se asignará un monitor ou unha monitora ós mozos e ás mozas que non participen nos deportes acuáticos.
En ningún caso se sentirá excluído ou excluída por non participar nunha actividade de grupo. Acompañaremos e ofreceremos alternativas atractivas a estas persoas
En 4Elements Galicia a seguridade e o benestar de todos os mozos e todas as mozas é de suma importancia. Para manter un ambiente seguro e positivo, facemos fincapé na importancia de promover o bo comportamento e proporcionar instrucións claras tanto para o persoal como para a xente moza. A nosa política de comportamento describe o que se considera un comportamento aceptable e as medidas que se tomarán en caso de comportamento inaceptable. O obxectivo desta política é promover un ambiente positivo e respectuoso para a totalidade dos participantes no campamento, onde se espera que todos os mozos e todas as mozas e mais os membros do persoal manteñan estas normas.
Aquí ten información xeral sobre como se adoita xestionar a disciplina en 4Elements Galicia:
- Establecemos normas e expectativas claras: unhas normas e expectativas claramente definidas axudan a establecer o ton do campamento/sesión e proporcionan un marco sobre como debe xestionarse o comportamento. Estas normas comunícanse aos mozos e ás mozas e ás súas familias antes do comezo do campamento.
- Aplicamos as normas con coherencia: a aplicación coherente das normas contribúe a manter unha contorna segura e respectuosa. Isto inclúe abordar calquera comportamento inadecuado con prontitude e xustiza.
- Practicamos o reforzo positivo: fomentar o comportamento positivo mediante recompensas e recoñecemento pode axudar a promover unha cultura positiva do campamento/sesión.
- Expectativas adecuadas á idade: recoñecemos que os distintos grupos de idade requiren enfoques disciplinarios diferentes. Por exemplo, os máis cativos e as máis cativas poden responder mellor ao reforzo positivo, mentres que os maiores e as maiores poden necesitar máis estrutura e límites.
- Sabemos que a comunicación eficaz é moi importante: promovemos a comunicación aberta entre o persoal do campamento/sesión, os mozos e as mozas e as familias para axudar a resolver conflitos e manter un ambiente positivo no campamento/sesión.
- Formación para o persoal: 4Elements Galicia proporciona formación para o persoal do campamento/sesión de Inglés no bosque que cobre técnicas apropiadas de disciplina positiva para axudar a asegurar que a experiencia do campamento sexa segura, positiva e agradable para todas as persoas participantes.
Recoñecemos que a disciplina debe ser de apoio e educativa, no canto de centrarse no castigo. O obxectivo é axudar a xente moza a aprender e crecer, garantindo ao mesmo tempo unha contorna segura e agradable para todos e todas.
As dietas especiais non supoñen ningún problema. Antes do campamento enviamos unha serie de documentos informativos co Pack de benvida, no que se poden cubrir os requisitos dietéticos específicos.
En 4Elements Galicia temos o compromiso de proporcionar unha experiencia de aprendizaxe inclusiva para a totalidade de participantes, independentemente da súa orixe ou situación. As nosas instalacións están deseñadas pensando na accesibilidade, polo que os cuartos, aulas e salas de estar están no mesmo andar, con acceso a nivel da rúa para maior comodidade.
Non obstante, algunhas das nosas actividades in situ adoitan ter lugar nos bosques e no val, que poden non ser doadamente accesibles para todo o mundo. As nosas actividades fóra das instalacións inclúen sendeirismo, natación, piragüismo e surf.
Se ten algunha discapacidade específica que queira consultar, póñase en contacto connosco e estaremos encantados de atendelo o mellor posible. Tamén pode programar unha videochamada ou unha reunión in situ para ver as nosas instalacións e obter máis información sobre as nosas actividades.
Ao inscribir o seu fillo ou a súa filla nun programa, pediráselle que cubra un formulario que inclúa detalles sobre calquera afección médica que poida padecer. Se o seu fillo ou a súa filla necesita medicación mentres está nun campamento ou sesión de Inglés no bosque, asegúrese de que cubriu o formulario correspondente dos documentos informativos: Pack de benvida. Estes documentos enviaranse a todas as persoas participantes inscritas con bastante antelación e neles explicarase como podemos garantir que o seu fillo ou a súa filla reciba a atención adecuada durante a súa estancia no campamento/sesión de Inglés no bosque.
Os mozos e as mozas non poden traer lambetadas ou bebidas azucradas ao campamento (bebidas gasosas ou refrescos azucrados, caramelos, gomas de mascar, etc.).
Esta política é necesaria para evitar atraer ratos e formigas aos cuartos, para garantir que os mozos e as mozas coman san e teñan apetito á hora de comer e tamén polo noso limitado espazo de almacenamento.
O tabaco, as bebidas alcohólicas e outras substancias están estritamente prohibidos.
Cámaras (por razóns legais, leis de protección de datos), altofalantes, xogos electrónicos, obxectos punzantes, acendedores ou fósforos tamén están prohibidos.
Non se permiten bebidas gasosas ou refrescos azucrados, caramelos, gomas de mascar nin outras lambetadas.
A non ser que os monitores o soliciten previamente, non se recomendan xoguetes, xogos, nin sequera lupas persoais ou prismáticos de campo. En cada sesión proporcionarase todo o material necesario para realizar a actividade e os obxectos alleos xeralmente só serven para distraer os nenos e as nenas.
Todas as nosas instalacións e actividades sométense a unha avaliación de riscos antes de cada visita e ao final de cada xornada.
Durante os campamentos nas horas de sono hai un monitor ou unha monitora a metros de distancia, asegurando a supervisión as 24 horas.
En 4Elements Galicia traballamos con organizacións e individuos totalmente formados e experimentados con excelentes sistemas de xestión da seguridade. Cumpren as directrices de seguridade das autoridades rexionais e nacionais, con formación actualizada en Primeiros Auxilios específica para a actividade e con antecedentes policiais limpos.
O noso Plan de Saúde e Seguridade detallado está dispoñible baixo petición.
Para algúns mozos ou algunhas mozas, a idea de probar algo novo ou de durmir fóra da casa e estar nunha contorna descoñecida pode ser abafadora e provocarlles sentimentos de inseguridade e medo. Como nai/pai/coidador ou coidadora, é importante darlles apoio e folgos para axudalos a superar estes retos. Explíquelles que, aínda que a transición pode resultar difícil ao principio, decontado se sentirán cómodos e gozarán a experiencia.
É esencial evitar forzar a xente moza a asistir ás sesións ou ao campamento e, no canto diso, saber motivala. Un suave empurrón e ánimos poden ser útiles, mais impoñerlle a decisión de ir, pode resultar contraproducente. Deixe que a persoa moza dea o paso por si mesma e apóiea no camiño.
A idade ideal para asistir por primeira vez a un campamento de verán depende da madurez e do nivel de independencia. Non obstante, adoitamos recomendar empezar cedo, dado que pode axudar no desenvolvemento de habilidades chave como a autonomía e as habilidades sociais.
Nos campamentos residenciais de 4Elements Galicia, a idade recomendada oscila entre os 8 e os 10 anos para empezar. Para quen ten un forte apego á súa nai/pai/coidador ou coidadora, pode ser útil que asistan cun amigo ou cunha amiga ou cun familiar por primeira vez para aumentar a súa sensación de seguridade e diminuír a morriña.
A idade ideal para asistir por primeira vez depende da madurez e do nivel de independencia. Non obstante, adoitamos recomendar empezar cedo dado que pode axudar a desenvolver habilidades chave como a autonomía e as habilidades sociais.
Nas sesións de Inglés no bosque de 4Elements Galicia, a idade recomendada para empezar é aos 4 anos. Para quen ten un forte apego á súa nai/pai/coidador ou coidadora, pode ser útil que asista cun amigo ou cunha amiga ou cun familiar por primeira vez para aumentar a súa sensación de seguridade e diminuír a ansiedade.
Nas nosas sesións de Inglés no bosque mantemos unha proporción de monitores ou monitoras por neno ou nena que nunca é inferior a 1:8 e que se incrementa en función da actividade.
Si, esiximos que todas as persoas mozas estean cubertas por un seguro médico durante a súa estancia no estranxeiro. Os cidadáns españois e as cidadás españolas poden facilitar os datos da súa Tarxeta Sanitaria Estatal. Para as persoas participantes non españolas, recomendamos que soliciten a Tarxeta Sanitaria Europea (se viaxan desde un país adherido ao convenio) e/ou póliza de seguro privada.
Estas persoas son rigorosamente seleccionadas para atender as esixencias do grupo para os campamentos e para as sesións de Inglés no bosque. Seleccionamos educadores e educadoras e profesionais con experiencia e dedicación ao traballo con xente moza. Todas as persoas teñen formación en educación, ás veces en Montessori, ás veces en ensino de linguas estranxeiras, ás veces en educación ao aire libre, ou ás veces en todo o anterior.
O noso centro conta con todos os permisos necesarios das administracións competentes da Xunta de Galicia, e cumpre a normativa de edificación, seguridade contra incendios, sanitaria e de manipulación de alimentos. Realizamos revisións periódicas dos nosos sistemas de calefacción e calidade da auga.
Dispoñemos das pólizas de seguro de Responsabilidade Civil e Accidentes esixidas pola lei e proporcionadas por ALLIANZ, COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A. (parte da compañía alemá de servizos financeiros Allianz SE).
O director do campamento e polo menos outro monitor ou monitora ou outro instrutor ou instrutora terán formación en primeiros auxilios específica para actividades ao aire libre outorgada por ITC FIRST do Reino Unido. Os demais monitores ou monitoras teñen polo menos formación básica en primeiros auxilios.
As actividades de piragüismo e surf son proporcionadas por escolas da zona federadas que contan coas súas propias medidas de seguridade completas, pólizas de seguro e, o máis importante, unha longa e variada experiencia traballando con xente moza local e internacional.
4Elements Galicia atópase a 9 km ou 12 minutos en coche dun gran hospital comarcal situado na localidade de Cee. Os servizos de bombeiros e ambulancias verificaron os nosos terreos e accesos. Na nosa páxina de Contacto ten as coordenadas exactas.
Tarifas e pagamentos