Sobre Nós
Para adolescentes e adultos, alcanzar o estado de Flow pode ser difícil. Vimos un neno nun areeiro, totalmente absorbido polo seu traballo.
En 4 Elements, este é o noso obxectivo: crear tantas oportunidades como sexa posible para que te perdas completamente no momento presente.
Para entrar no ansiado estado de Flow 🐉
Aquí aprendes de forma profunda, significativa e natural.
Por iso creamos este entorno salvaxe e acolledor.
Unha forma innovadora de ensinar: utilizando a naturaleza como aula e inspiración
As persoas que veñen a 4 Elements Galicia atopan un espazo pensado con coidado. É como entrar nunha sala baleira e descubrir sobre a mesa lápices de cores e papel, boa luz, un xarrón con flores frescas e vistas sobre un val. Se teñen tempo e se senten cómodas e felices… que pode xurdir?
Aquí, estas experiencias desenvolvense a través dos 4 elementos sempre presentes. Non hai día sen vento, sen sol, sen chuvia ou sen terra baixo os pés. Constantes e cambiantes ao mesmo tempo, son fonte infinita de inspiración.
A terra enraíza e nutre. A auga flúe e xoga. O aire refresca e libera. O lume quenta e anima. Todos son iso… e moito máis.
Os elementos ofrecen unha base extraordinaria para a aprendizaxe experiencial, combinando constancia, inspiración e marabilla. Ao marchar de 4 Elements Galicia, levas contigo esa conexión co mundo natural á túa vida diaria.
- Somos un lugar onde mesmo os máis cativos e as máis cativas aprenderán a comunicarse nun idioma estranxeiro sen timidez
- Somos un lugar onde a lingua e a natureza se aprecian por igual
- Somos un lugar onde os idiomas se liberan dos confíns da aprendizaxe na aula.
Fundadores
Francis Heybrook
Co-Fundador, Director
Licenciado en Filoloxía Hispánica, University College London, Forest School Leader, CELTA, primeiros auxilios pediatricos, sovorista en augas abertas. 20 anos de experiencia traballando con mozos e mozas en obradoiros e proxectos educativos enfocados á biodiversidade e educación ambiental, xornadas bosque escola e campamentos de natureza
Diana Díaz
Co-Fundadora, Coordinadora
Licenciada en Filoloxía Hispánica, University College London, TEFL, 15 anos de experiencia traballando como editora para as principais editoriais de materiais didácticos de inglés para o mercado hispano
A Historia dos Fundadores
A viaxe de Francis e Diana comezou como estudantes no University College London, onde a súa paixón compartida polos Estudos Ibéricos e Latinoamericanos espertou unha colaboración para toda a vida e un soño común: crear unha vida enraizada na natureza, na aprendizaxe e na comunidade.
Diana desenvolveu unha carreira exitosa como editora nunha editorial internacional, con destinos en Oxford, México e Arxentina. Mentres tanto, Francis probou sorte no mundo corporativo, traballando en proxectos de sustentabilidade nos primeiros anos da xestión das emisións de carbono. Porén, a chamada do mundo natural, no que pasou a súa infancia nunha granxa de Buckinghamshire, resultou irresistible.
A súa participación en Siren Conservation Education, unha organización benéfica con sede en Oxford dedicada a educar no amor pola natureza, inspirou a Francis a organizar obradoiros prácticos na granxa familiar e aventuras ao aire libre para nenos e nenas. Estas experiencias —festas de acampada salvaxe, recollida de alimentos silvestres e construción con materiais naturais— consolidaron a súa crenza na importancia da educación, o xogo e a natureza para enriquecer non só a vida das persoas, senón tamén a da propia natureza.
Diana e Francis sabían que tiñan que atopar un lugar que encarnase esta visión. Galicia, o recuncho noroeste de España, agreste e afastado, ofrecía todo o que soñaban: costas dramáticas, natureza virxe e unha paisaxe chea de oportunidades para a descuberta. Puxéronse mans á obra para restaurar unha casa de pedra abandonada, situada ao final dun camiño no bosque, converténdoa nun refuxio para a aprendizaxe, a conexión e a creatividade.
Ao longo de 15 anos, reconstruíron non só un fogar, senón tamén un soño. A construción sostible, as zonas de cociña ao aire libre, as hortas, un espazo de benestar e unha sala polivalente acollen agora visitantes de preto e de lonxe que veñen mergullarse na natureza. Ao mesmo tempo que criaban aos seus catro fillos, Francis e Diana deron vida a 4 Elements Galicia: un espazo onde cada experiencia se converte nunha “lembranza gardada para sempre”, deixando aos visitantes inspirados para levar ás súas vidas as leccións do mundo natural.
A viaxe non foi doada, pero a súa visión é clara: compartir o poder transformador dos espazos salvaxes, fomentando unha conexión máis profunda coa natureza que poida inspirar ás persoas a facer do mundo un lugar mellor.
O equipo
Carolina Ramos
Xestora do campamento e guía de teatro
20 anos de experiencia dirixindo programas teatrais, clases activas e propostas educativas en liña —incluídos campamentos de verán internacionais en Canadá.
Profesora de inglés titulada, actriz e deseñadora de plans de estudo, con unha licenciatura en Teatro e dous másteres en Literatura Dramática e en Educación Secundaria (especializada en inglés).
Lalo Mazari
Director de formación profesional, Guía de castelán
Guía Montessori, 20 anos de experiencia traballando como guía e impartindo formación profesional a profesores e familias en centros educativos de México, Los Ángeles e Santiago de Compostela.