UNHA FORMA INNOVADORA DE ENSINAR: UTILIZANDO A NATUREZA COMO AULA E INSPIRACIÓN
Filosofía
Aprender idiomas a través da natureza é unha forma amena de ensinar a rapazada a amar a natureza. En 4Elements Galicia recoñecemos que todos e todas formamos parte da natureza, que a natureza non é só cousa nosa senón de todos e todas. Encántanos ensinar na natureza porque sabemos que ese amor se transmitirá aos mozos e mozas, o que á vez axudará a preservar o noso planeta.
Entendemos que as linguas están vivas e forman parte da natureza, polo que cremos que é natural que a contorna forme parte do proceso de aprendizaxe:
“O contacto físico directo cos fenómenos naturais e culturais aumenta a autenticidade na aprendizaxe… Aprendemos non só vendo e oíndo, senón tamén ulindo, sentindo, saboreando e tocando”.
A. Szczepanski, catedrático sueco de educación ó aire libre
Flow Learning: en 4Elements Galicia pretendemos que os nenos e as nenas, e tamén a xente adulta, se somerxan de tal xeito no momento que a aprendizaxe se converta nun estado de fluxo. As persoas participantes aprenden de forma inconsciente e natural na nosa contorna salvaxe e reflexiva.
Seguimos metodoloxías probadas de Forest School. É un modelo de educación ó aire libre no que os nenos e as nenas visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas.
A idea de 4Elements Galicia medrou co tempo: o noso éxito significa que estamos felices e seguros da nosa metodoloxía e queremos levar esta experiencia á xente moza e ás súas familias.
Somos un lugar onde mesmo os máis cativos e as máis cativas aprenderán a comunicarse nun idioma estranxeiro sen timidez
Somos un lugar onde a lingua e a natureza se aprecian por igual.
Somos un lugar onde os idiomas se liberan dos confíns da aprendizaxe na aula.
Fundadores
Francis Heybrook
Co-Fundador, Director
Licenciado en Filoloxía Hispánica, University College London, Forest School Leader, CELTA, primeiros auxilios pediatricos, sovorista en augas abertas. 20 anos de experiencia traballando con mozos e mozas en obradoiros e proxectos educativos enfocados á biodiversidade e educación ambiental, xornadas bosque escola e campamentos de natureza.
Diana Díaz
Co-Fundadora, Coordinadora
Licenciada en Filoloxía Hispánica, University College London, TEFL, 15 anos de experiencia traballando como editora para as principais editoriais de materiais didácticos de inglés para o mercado hispano
Lalo Mazari
Director de formación profesional, guía español
Guía Montessori, 20 anos de experiencia traballando como guía e impartindo formación profesional a profesores e familias en centros educativos de México, Los Ángeles e Santiago de Compostela.
Xiana Sar
Monitora de inglés e español
Estudante de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 3 anos de experiencia traballando en sesións de Inglés no bosque con 4Elements Galicia en Muxía.
Caspar Dale
Monitor campamentos inglés
Estudante de Ciencias Biomédicas, University Kings College London. Experiencia na implementación de proxectos que promoven a biodiversidade na granxa ecolóxica da súa familia en Oxford.
Rosa Ramos e Matthew Smith
Profesores de inglés
Rosa ten máis de 15 anos de experiencia traballando en escolas do Reino Unido como profesora de español e tamén de inglés. Matt é traballador social de profesión, músico, excelente comunicador con experiencia como profesor de apoio de inglés nos institutos de Galicia.
Colaboramos con
Aldea Surf Camp
Sesións de surf
CDM piragüismo Dumbria
Katarsis, School of English and Performing Arts
Sesións de teatro
Bushcraft School Europe
Formación de bushcraft