“4 ELEMENTS GALICIA”, con sede nunha aldea de Muxía, proporciona unha nova pedagoxía de aprendizaxe innovadora en inglés ao aire libre, no bosque e en contacto coa natureza.
Segundo as súas palabras “A aprendizaxe realízase de forma inconsciente e natural nunha contorna salvaxe que favorece a reflexión”.
Un lugar marabilloso rodeado de natureza en estado puro, onde se poden desenvolver todo tipo de actividades, campamentos de verán, estancias e actividades de fin de semana, etc.
A nosa directora e profesora de inglés, Pilar Mirón, organizou esta actividade como unha forma ideal de preparar o alumnado para o programa de intercambio escolar “EDUEXCHANGES”, unha iniciativa da Xunta de Galicia e a Unión Europea.
Paseamos polo bosque e polo río Castro, visitamos un antigo muíño de auga e aprendemos como vivían e comían os nosos avós, os cultivos de trigo e millo que se sementaban e a fariña coa que se facía o pan. Competimos con “birlos de madeira” e “estornela” e elaboramos deliciosas pizzas en fornos tradicionais de adobe, dando conta detallada dos ingredientes. TODO EN INGLÉS. Unha auténtica convivencia con Frank e Lalo, os guías e persoas detrás da proposta. Un verdadeiro luxo”.